Cargando...

Carreira

Doce quilómetros polos espectaculares camiños do Xalo na máis absoluta escuridade. Un desafío pensado para só 150 valentes que terá a súa recompensa no regreso a Castelo. Unha experiencia inédita pensada para vivir, para gozar e para contar.

Distancia: 12,10 km.

Desnivel positivo: 536 m.

Inscricións

Anótate aquí!

Regulamento

Consúltao aquí!

Horario

19.00 h.

Límite de inscritos

150

Recollida de dorsais

18.00 a 18.45



Andaina

Unha divertidísima experiencia polo Xalo para a tarde dun sábado de outono. Camiñar a escuras por pistas e sendas coidadosamente escollidas pola xente que coñece o monte coma ninguén non deixará a ninguén indiferente...

Distancia: 9,10 km.

Desnivel positivo: 342 m.

Inscricións

Anótate aquí!

Regulamento

Consúltao aquí!

Horario

19.30 h.

Límite de inscritos

150

Recollida de dorsais

18.00 a 18.45

Servizos

Estes son algúns dos servizos cos que contaremos na Nocturna do Xalo facer desta primeira edición unha xornada inesquecible...



Unha gran festa!

Co mellor churrasco do mundo, feito polos veciños e as veciñas de Castelo. Todos os participantes na carreira e na andaina levan incluída a súa ración coa inscrición, pero se só queres vir á festa tamén poderás mercar o teu ticket, a un prezo de 10 €.



A seguridade, o primeiro!

O uso de frontais será imprescindible para participar, pero ademais sinalizaremos o percorrido cada poucos metros cunha cinta reflectante especial. O percorrido estará ademais cheo de decenas de voluntarias e voluntarios de Castelo Deporte dispostos a botar unha man aos participantes no que precisen. Un equipo médico na zona de meta con dispoñibilidade para desprazarse a calquera punto do monte completará o dispositivo.



Para os participantes...

Ademais do ticket para a churrascada, unha camiseta conmemorativa, abundantes avituallamentos, duchas con auga quente, seguro de accidentes...

Contacto

Algunha dúbida? Pois aquí estamos para resolvela :)

Chámanos!

881 942 986

Séguenos!

Facebook | Twitter